|
Poñer en marcha con éxito unha iniciativa de comercio electrónico require unha fonda reflexión. Cómpre involucrar a tódalas partes da empresa, axilizando os procesos internos e creando sinerxias que repercutan favorablemente no negocio tradicional e na nova canle de venda. A solución: facelo paso a paso despois de planificar unha estratexia previa.
A posta en marcha dunha iniciativa de comercio electrónico nunha empresa tradicional pouco ten que ver coa crenza de que é suficiente contratar un deseñador e publicar a web en Internet, á espera de que reciba milleiros de visitas [?]. Poñer en marcha un negocio de comercio electrónico sempre supón unha fonda reflexión e a necesidade de adaptar os procesos internos á nova canle de negocio.
Antes de dar o primeiro paso cara un negocio electrónico, cómpre ter preparada unha estratexia d de adaptación d da e empresa, isto é, un plan que reflexione sobre os puntos fortes e débiles da nosa empresa, así como as posibles solucións. Neste plan estratéxico débense ter en conta cantos departamentos ten a empresa, porque todos terán algo que dicir ó respecto. Facturación, administración, atención ó cliente, loxística... todos se verán involucrados. Gadis, por exemplo, ó crear a súa tenda en Internet tentou aproveitar a estructura física de venda para optimizar custes, implicando a todo o equipo humano da empresa: dirección e departamentos. Neste sentido, unha visión crítica ás posibilidades de negocio da empresa é o primeiro paso cara ó éxito da venda por Internet. Teña en conta:
1. A forma tradicional de facer as transaccións, por se precisan adaptarse á tenda electrónica.
2. Os clientes habituais da empresa e o mercado obxectivo ó que se quere dirixir.
3. O catálogo de productos da empresa. ¿É un producto con éxito en Internet?¿Vanse poñer todos á venda?
4. O nivel de atención ó cliente necesario e os recursos para a tenda de Internet.
5. A estratexia a seguir para xestionar o crecemento a medida que a web rexistre visitas [?] e vendas.
6. Analizar o impacto de Internet na estratexia da empresa, por exemplo, posibilidade de diminuír ou cambiar os intermediarios no proceso de comercialización.
7. Definir a estratexia que a empresa vai seguir en Internet, a través da: - Mellora das comunicacións da empresa (correo electrónico e intranet [?]).
- Desenvolvemento de programas de marketing relacional: identificación de clientes e marketing persoalizado, programas de fidelización, creación de comunidades virtuais.
- Creación da tenda virtual: cómpre ter claro os pasos a seguir (Vid. número 02 de e-negociogalicia). Neste proceso de posta en marcha dun negocio electrónico e de adaptación dunha empresa tradicional a Internet cobra grande importancia a figura dun profesional que asuma o labor da asesoramento/consultoría necesaria, guiando á empresa cara a súa nova canle de negocio.
|