Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio03 | Panorama    


Un repaso ó panorama do comercio electrónico




O e-MINDER, presente na Conferencia de Bled

O proxecto e-MINDER estivo presente na XV Conferencia sobre Comercio Electrónico celebrada na universidade de Maribor (en Bled, Eslovenia) o pasado mes de xuño. Esta edición contou coa presencia duns 350 participantes de todo o mundo, chegados a maioría deles do mundo académico e tamén das Escolas de Negocios. Un gran número dos proxectos alí presentados tiña como temática común o eido da chamada “nova economía”. Así, o e-MINDER tivo a oportunidade de entrar en contacto con outros proxectos e de expoñer os seus avances e resultados na área do comercio electrónico nas rexións de Galicia, Pomerania e Chipre.

A presentación do e-MINDER tivo lugar durante a ponencia "East Europe eBusiness in Action", presidida por Thanassis Chrissafis, responsable do proxecto pola Comisión Europea, e foi presentado polo xefe comercial e financieiro de CYTA (Cyprus Telecommunication Authority), Agis Piperides. Países do Leste como Letonia ou Eslovenia interesáronse especialmente polo proxecto e-MINDER.

A Axencia Ributaria subasta propiedades dende a Rede

Segundo datos da AECE (Asociación Española de Comercio Electrónico), dos 525 millóns de euros que o comercio electrónico moveu o pasado ano en España, o 10% foi xerado por operacións de subastas entre empresas a través da Rede. O pasado 13 de xuño, a Axencia Tributaria subastou un inmoble en Valladolid a través de Internet. Foi a primeira poxa online desta administración pública española, que comezou a dar os primeiros pasos na Rede co fin de aumentar o número de compradores e amosar unha maior transparencia nas súas xestións.

O único requisito específico para participar neste tipo de subastas é posuír un certificado de sinatura electrónica. Despois, os trámites convencionais propios dunha puxa presencial e rexistrarse como usuario na web www.aeat.es

A sinatura dixital garantirá a autenticidade

A sinatura dixital é unha ferramenta que garante a autenticidade dos documentos e rexistros enviados a través da Rede, limitando a posibilidade de fraude nos negocios electrónicos. É, pois, un instrumento vital para o comercio electrónico xa que a desconfianza dos usuarios na seguridade das transaccións económicas pola Rede é un dos factores que lastra o seu desenvolvemento. Ademais, a sinatura dixital permite asinar e enviar documentos a través de Internet a calquera hora do día e tódolos días da semana, o que axiliza as transaccións e aforra tempo e cartos. Hoxe en España hai varios organismos que certifican a validez das sinaturas informáticas. Entre eles, a Camerfirma (organismo dependente das Cámaras de Comercio), a Fábrica da Moeda e Timbre e, dende mediados de xullo, o Colexio de Rexistradores. Todos eles son autoridades de certificación que garanten que unha determinada clave electrónica pertence a un propietario real.

Os primeiros destinatarios da sinatura dixital son os organismos públicos e as máis de 200.000 empresas que gardan actualmente as súas contas en soporte dixital, pero o obxectivo é consolidar o uso da sinatura dixital tamén entre os particulares.

A partir de outubro haberá que ter en conta a LSSI

Prevese que a Lei de Servicios da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI) entre en vigor o 11 de outubro deste ano, logo de que o Parlamento a aprobase o pasado 27 de xuño.

A LSSI nace co obxectivo de impulsar o desenvolvemento do comercio electrónico e o pleno aproveitamento por parte dos cidadáns e empresas das vantaxes da Sociedade da Información. É a primeira lei reguladora de Internet que se aproba en España. Esta lei afecta a todo aquel que negocie por Internet. As empresas, portais [?], páxinas web, etc, que realicen algunha operación económica a través da Rede, deberán adaptarse antes de tres meses ós requisitos que marca a lei. Para garantir a seguridade dos internautas a LSSI obriga a que as páxinas web dean unha información básica: nome da compañía, sede social, correo electrónico. No caso de venda de productos, a web deberá amosar os precios claramente e especificar o proceso de venda (distribución, impostos, garantías, etc). O incumprimento da lei terase que pagar con multas de ata 600.000 euros.

www.setsi.mcyt.es


 
Revista


[Anterior - Gañar a confianza]

[Seguinte - Observatorio]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión