Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio03 | Observatorio    


Primeiros resultados do e-Barómetro

O Observatorio do Centro de Competencias conta cos primeiros resultados do e-Barómetro sobre TICs e comercio electrónico feita a cidadáns e PEMES galegas. Neste número de e-negociogalicia adiantamos algúns datos significativos.

A enquisa foi realizada polo Departamento de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da Universidade de Santiago e dividiuse en dous apartados: cidadáns e empresas. A continuación ofrecemos algúns dos datos deste traballo.

CIDADÁNS
Un 35% dos galegos ten PC no seu fogar. Sen embargo, estamos aínda por debaixo da media europea que no 2001 era un 47,4%. Neste apartado, un dato a considerar é que tan só un 30 % dos galegos que non teñen PC na casa utilizaron algunha vez un PC. En canto á conexión a Internet, un 18% dos galegos ten conexión no fogar, cifra tamén por debaixo da media europea. Cabe resaltar que só un 4% dos galegos comprou algunha vez nun sitio web de comercio electrónico.

EMPRESAS
A maioría das PEMES galegas están informatizadas, cunha tasa do 95,6%, perto da media europea, pero en conectividade a Internet aínda seguimos estando por debaixo de Europa (un 82,9% fronte ó 92,1%). Houbo unha subida espectacular comparando estos datos cos do 2000, cando só un pouco máis da metade das PEMES tiñan conexión a Internet.

En canto ós métodos de conexión á Rede, o módemtivo unha grande baixada respecto ó 2000, cando o 53,5% das empresas o tiñan. Sen embargo, incrementáronse as conexións de banda ancha como o ADSL [?], o cable [?] ou o RDSI [?], que no 2000 constituían un 44% e agora o 68,6%.

Por último, un 36,3% das empresas galegas teñen páxina web, cando no 2000 só a tiñan o 24,5%. Esta cifra atópase aínda moi por debaixo da media europea.

 
Revista


[Anterior - Panorama]

[Seguinte - Enlaces]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión