|
|
gate2growth.com |
A guía para o noso negocio
Portal [?] inaugurado en abril deste ano co apoio da Comisión Europea dirixido a redes de financeiros, expertos en desenvolvemento empresarial e provedores de servicios. Conta cunha completa gama de guías, instrumentos e contactos que poden axudar a poñer en marcha, financiar e desenvolver a nosa empresa.
www.gate2growth.com
|
conectapyme.com |
Portal da CEPYME
Portal [?] da Confederación de la Pequeña y Mediana Empresa Aragonesa (CEPYME-Aragón), que ofrece información útil para as 30.000 PEMES existentes nesta comunidade. Divídese en dous espacios: información e servicios empresariais, e conta con ferramentas para a creación de webs, ofertas de novas tecnoloxías, servicios bancarios, de saúde, prevención de riscos, ocio, turismo e xestión.
www.conectapyme.com
|
iberpyme.com |
Un centro de negocios hispano
Defínese como o "centro de negocios en Internet para as PEMES de fala hispana". Ofrece un servicio de comercio electrónico de bens e servicios para empresas. Incorpora servicios e utilidades en materia administrativa, de xerencia, productos e servicios externos, información sobre negocios B2B, axenda profesional, foros [?], cooperativas virtuais, taboleiro de anuncios e tenda electrónica.
www.iberpyme.com
|
constituciondesociedades.com |
A solución ós trámites
Ofrece ó internauta os trámites necesarios para constituír unha sociedade anónima ou limitada, a partir de 521 euros, cos gastos incluídos. Os trámites para a sinatura de constitución levan arredor de once días. O obxectivo desta empresa é a automatización e estandarización do proceso constitutivo dunha empresa. Ten un sistema de atención telefónica. O usuario paga unha vez constituída a sociedade.
www.constituciondesociedades.com
|
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|