Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio03 | Editorial    


Editorial

Número a número, dende e-nnegociogalicia vimos tentando difundi-la idea de que as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) son un instrumento útil para aumenta-la competitividade das empresas galegas. Aproveitar as vantaxes das TIC non está só ó alcance das grandes empresas. Tamén as PEMES, que constitúen a maior parte do tecido empresarial galego, poden beneficiarse.

En función das necesidades e das posibilidades da empresa, debe efectuarse unha implantación escalonada e gradual do proxecto electrónico que o faga máis accesible para o empresario. Para conquerilo, é importante desenvolver unha planificación axeitada, baseada nunha reflexión sobre as claves funcionamento da empresa. Así poderemos obter maior proveito da tecnoloxía, escollendo as solucións máis acordes ó modelo de negocio existente ou á nova idea de negocio.

Unha análise previa axudaranos a descubrir novas posibilidades, como a creación de servicios que complementen e amplíen os actuais ou a optimización dos procesos que a empresa xa está a desenvolver. O comercio electrónico contribúe a crear valor para os productos ou servicios da empresa e amplía o seu eido de acción no mercado, posicionándoa nunha nova canle comercial e potenciando o funcionamento actual.

Un bo exemplo da aplicación destes conceptos é o proxecto de Lonxanet, que tratamos este mes en e-negociogalicia. Amósanos que nun sector tan tradicional como é o da pesca artesanal e o marisqueo pode aplicarse con éxito o comercio electrónico dispoñendo dun enfoque innovador e unha actitude emprendedora.

 
Revista


[Seguinte - Estudio de caso]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión