|
Reducción de custos, melloras nos procesos internos, acceso a máis provedores, productos e servicios e unha negociación dinámica e transparente son algúns dos elementos da proposta de valor que os marketplaces [?] ou mercados dixitais ofrecen ás PEMES. Saber aproveitar estes servicios e ferramentas pode reducir os custos xerais dunha empresa, así como aumentar a eficiencia na comercialización de productos e servicios.
Un mercado dixital ou marketplace [?] é un punto de encontro na Rede onde diferentes participantes (compradores, vendedores e provedores de servicios) realizan transaccións empresariais de productos e/ou servicios, creando unha rede de mercados dixitais e centrais corporativas.
O obxectivo dun marketplace [?] é canalizar a oferta e a demanda a través dunha web, de xeito que todos os participantes disfruten dunha oferta de servicios de valor engadido relacionados co seu negocio, obtendo os beneficios que dan as economías de escala.
Ademais das transaccións de compra-venda, nun marketplace [?] realízanse subastas directas (de venda) e inversas (de compra). Ofrécense catálogos de productos e directorios de empresas, ademais de servicios de valor engadido (como son a loxística, servicios financeiros, de seguros, de información, etc.).
O valor dun marketplace [?] increméntase segundo aumenta a cantidade e calidade dos seus compradores e provedores. O máis habitual é que nas condicións xerais dun mercado dixital se inclúan as súas normas de participación e de seguridade. Ás veces requírese un contrato ós participantes e incluso o pago dos servicios.
Os mercados dixitais dan soporte a todos os servicios e facilita documentación precisa para completar as operacións de compra-venda. Os compradores poden comprobar precios e dispoñibilidades, e os vendedores poden enviar facturas, entre outros servicios. As posibilidades varían en función das opcións ofrecidas por cada marketplace [?].
AS VANTAXES As PEMES teñen nos marketplaces [?] unha ferramenta moi útil para incorporarse dunha maneira sinxela e efectiva ás novas tecnoloxías. Cun custe relativamente baixo e unha infraestructura tecnolóxica común e fiable, os marketplaces [?] posibilitan ás empresas o achegamento a ofertas que doutro xeito non coñecerían. A clave deste tipo de mercado radica na colaboración entre compradores e vendedores, que planifican conxuntamente a demanda, os inventarios, os plans de producción, etc. Este tipo de mercados axudan a mellorar as marxes de venda en transaccións e impulsan a competitividade das PEMES. Isto é: a concepción nun mesmo espacio virtual de diferentes ofertantes e demandantes aumenta a eficiencia na comercialización de productos e servicios, aforra tempo e outros custos á hora de coñecer información sobre as ofertas do mercado, e posibilita a adopción de diversas políticas, tanto de prezos como de entregas entre provedores e clientes.
MODELOS DE PARTICIPACIÓN Nun marketplace [?], existen diferentes modelos de participación: - A arbitraxe: casar ordes de compra-venda.
- O escaparate de productos ou catálogos.
- Agregador de portais [?] verticais (adicados a un sector concreto e onde se amosan noticias e catálogos).
- E-Procurement ou central de compras de aprovisionamento de bens e servicios.
- Distribuidores.
- Parque empresarial (servicios básicos para negociación e transacción).
- Metamediarios que proporcionan garantía de confianza e servicios adicionais ás transaccións, como financiamento, seguros, etc.
- Axentes de subastas.
- Anuncios breves de compra ou venda.
- Buscadores do mellor precio.
ONDE NOS METEMOS Á hora de escoller un marketplace [?] fiable, cómpre facernos unha serie de cuestións:- ¿Ten productos ou servicios do noso interese?
- ¿Adecúanse as ferramentas de comercio electrónico ós procesos comerciais da nosa empresa?.
- ¿Ten as garantías de seguridade e privacidade suficientes?
- ¿Ten solidez e reputación?
- ¿Intégrase facilmente ás aplicacións informáticas da nosa empresa?
- ¿Que aforros agardamos obter?
- ¿Con que servicios diferenciais propios conta?
- ¿Cal é o seu volume de transaccións?
TIPOLOXÍA Os mercados virtuais poden clasificarse, de xeito xeral, en marketplaces [?] horizontais (dan solucións e servicios a múltiples sectores, como www.opciona.com) e verticais (dan solucións a un sector determinado, como www.consumalia.com ou www.plastia.com).
De utilidade A Asociación Española de Comercio Electrónico (AECE) constituiu unha comisión de traballo específica cara os marketplaces [?], coa fin de fomentar o seu coñecemento e establecer sinerxias entre as iniciativas do mercado. Tamén buscan establecer estándares no ámbito tecnolóxico e no terreo legal. A AECE está construíndo nestes momentos un censo sobre os marketplaces [?] en España.
 |
| Funcionamiento básico dun Marketplace |
|