|
O camiño gradual cara á integración do negocio e as novas tecnoloxías
|
|
|
|
|
Ás veces pénsase que o camiño cara o negocio electrónico é difícil, pero non ten por que ser así. A implantación pode ser gradual e adaptarse ás posibilidades de cada empresa, por moi lonxe que unha PEME estea da integración das novas tecnoloxías ou do aproveitamento do negocio electrónico.
Sempre hai un camiño para dar os primeiros pasos dun xeito accesible, escalonando os custes e os esforzos, ó tempo que se vai adquirindo experiencia coas novas ferramentas. O negocio electrónico pode ser o eslabón final nunha cadea que comeza pola informatización das empresas e continúa co acceso a Internet, a realización dunha páxina web, etc.
Moitas das ferramentas tecnolóxicas que se van usando nesas etapas iniciais poden aproveitarse para reducir os custes, aumentar a eficacia ou mellorar a organización en todo o relacionado cos procesos de intercambio de información.
Ademais, estas ferramentas poden reportar á empresa servicios complementarios de valor. Por exemplo, pode sacarse rendemento en tarefas administrativas ou comerciais.
O caso da empresa galega Moreira, que analizamos no interior desta revista, é un exemplo de como unha empresa dun sector tradicional pode aproveitar dun xeito ambivalente os seus proxectos tecnolóxicos, optimizando os investimentos realizados en tecnoloxías para, como dicimos habitualmente, matar dous paxaros dun tiro.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|