Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio02 | Contraportada    


Empresarios en Santiago fórmanse en comercio electrónico

O primeiro curso de comercio electrónico organizado polo Centro de Competencias en colaboración coa Universidade da Coruña tivo grande aceptación entre as PEMES de Santiago de Compostela e os seus arredores, interesadas en poñerse ó día en canto a comercio electrónico. As inscricións chegaron a dobrar o número de prazas ofertadas para este curso.

Instantáneas dos eventos formativos Os pasados días 3, 4 e 5 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela o primeiro curso sobre comercio electrónico, logo da primeira conferencia, celebrada o 21 de maio nesta cidade. Dezaoito empresarios/as e personal de PEMES asistiron ó curso, que completou as prazas ofertadas e suscitou un grande interese entre as PEMES galegas, conscientes da necesidade de actualización dos procesos de negocio das súas empresas, en canto a Internet e comercio electrónico se refire. O curso foi impartido nas instalacións do CESGA e tivo unha duración total de doce horas, repartidas en tres tardes e en horario de 16:30 a 20:30.

Tanto a conferencia como o curso foron gratuítos e enmárcanse dentro do programa de formación que organiza o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, entidade dependente da Secretaria de I+D da Xunta de Galicia, e está impartido por profesores da Universidade da Coruña.

Durante os vindeiros meses o programa de formación do Centro de Competencias en Comercio Electrónico continuará nas cidades de A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo.

Máis información sobre os cursos e conferencias:

www.e-negociogalicia.com
E-mail: info@e-negociogalicia.com
Tlf: 981 56 98 10

 
Revista


[Calendario dos cursos]

[Inscripcións nos cursos]

[Anterior - Panorama]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión