|
Pechar a fenda dixital é a nosa responsabilidade
|
|
|
|
|
En Galicia, o 70,5% das empresas posúen conexión a Internet e, polo tanto, están en disposición de aproveitar as vantaxes que lle ofrece a Rede (información empresarial, transaccións comerciais, mellora da comunicación...). Sendo esta unha cifra considerable, estamos aínda moi lonxe en comparación ós niveis dos países europeos máis esenvolvidos. Tomemos como exemplo Alemaña, onde case tódalas empresas (o 97%) teñen a posibilidade de empregar Internet para a súa actividade diaria. A diferencia, non sendo moi grande, é notable, e reflicte a fenda dixital existente entre a nosa comunidade e outras rexións.
Como consecuencia, podemos afirmar que a Galicia aínda lle queda un longo treito por percorrer se quere aproveitar plenamente as vantaxes que ofrece a Rede no tocante á mellora dos procesos da empresa e ó aproveitamento das oportunidades de negocio.
Nos tempos que corren, pasada a resaca das empresas "puntocom", estamos nun momento idóneo para volver a explorar estas oportunidades de negocio que existen a través da Rede e de aproveitar esta nova canle comercial. Apertura e internacionalización de mercados, mellora dos procesos internos, mellora da comunicación e da atención ó cliente, optimización de custes, aforro nas compras, apertura de novas canles de negocio... son só algunhas das vantaxes que ofrece Internet. En Alemaña, en Inglaterra, en Francia e en Suecia, por exemplo, xa as descubriron. En Galicia, aínda nos queda moito por facer para aproveitalas.
Para dar a coñecer estas posibilidades, o Centro de Competencias en Comercio Electrónico, coa revista é-Negocio Galicia como un dos seus instrumentos, vaise achegar ás PEMES. Pechar a fenda dixital que nos separa de Europa é un reto que temos que asumir, pero, para ter éxito, deberase traballar de xeito continuado e metódico.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|