Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio00 | Observatorio    


A brúxula das TIC e do comercio electrónico galego

Para traballar sobre datos reais e axustar os seus servicios ás demandas das PEMES, o Centro de Competencias puxo en marcha o Observatorio de Comercio Electrónico de Galicia, co que poderá realizar unha diagnose da realidade galega neste eido. Os estudios e análises deste observatorio oriéntanse ó
fomento e asesoramento en temas de comercio electrónico ás PEMES galegas. Tendo isto en conta, ¿que beneficios aporta o Observatorio de Comercio Electrónico á pequena e mediana empresa galega?

Para achegármonos ó que é o Observatorio de Comercio Electrónico de Galicia podemos partir da idea dun “outeiro” ou posto de observación, un ollo pendente de tódolos movementos, novidades e tendencias no que a novas tecnoloxías e comercio electrónico se refire.
Poderiamos engadir a esta idea de “outeiro” o concepto de brúxula, no senso de que este observatorio xerará información útil e estratéxica. Logo, con estes informes estatísticos na man, o Centro de Competencias poderá axudar mellor a comprender e desenvolverse de xeito eficaz nun contexto cambiante de innovación tecnolóxica tanto ás PEMES galegas, como ó resto de empresas e institucións que participan directa ou indirectamente no contorno económico.
O Observatorio do Centro de Competenciasanalizará as condicións nas que se atopa a pequena e mediana empresa galega e a situación xeral do mercado para afrontar iniciativas de negocio electrónico. Trátase de coñecer a situación do mercado en materia de novas tecnoloxías, pero tamén as infraestructuras que a empresa precisa incorporar á súa dinámica laboral, así como a incidencia da Internet en Galicia, tanto entre empresas como entre consumidores.
Para levar a cabo todo este traballo, o Observatorio de Comercio Electrónico manterá unha estreita colaboración cos outros observatorios tecnolóxicos existentes en Galicia: o Observatorio TIC, o Observatorio Urbano do Eixo Atlántico, o Observatorio Sensitic e o do Instituto Galego de Estatística.
Con esta comunicación fluída entre observatorios evitaranse solapamentos e poderánse crear sinerxias

A USC, responsable do estudio estatístico

No proxecto participa o Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que realizará as enquisas precisas para chegar a un coñecemento fiable no referido á implantación das novas tecnoloxías e ás dinámicas de comercio electrónico na nosa comunidade.
A partir destas enquisas elaboradas pola USC e analizadas polo Observatorio, o Centro de Competencias poderá axustar as súas accións ás necesidades das PEMES galegas, tanto no referido a avances técnicos, como á formación e soporte de novas iniciativas.

 
Revista


[Anterior - Centro]

[Seguinte - Enlaces]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión