Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio00 | Centro    


Nace o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia

Fomentar, apoiar e axudar ás PEMES galegas na posta en marcha de procesos de negocio electrónico é o obxectivo principal do Centro de Competencias en comercio
Electrónico de Galicia, unha iniciativa que conta co apoio da Secretaría Xeral de I+D e está xestionada polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia).

O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia é a aplicación práctica na nosa comunidade do proxecto europeo e-MINDER, que ten como obxectivo en Europa a creación dunha Rede de Centros de Competencias en Comercio Electrónico.
Este proxecto está xestionado polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), conta coa participación da Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago e ten o respaldo da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia e do Foro [?] si-Galicia. A súa intención é impulsar e asesorar ás PEMES galegas na integración das novas tecnoloxías e a utilización de procesos de comercio electrónico.
O nivel de emprego e aproveitamento das novas tecnoloxías e o comercio electrónico na nosa comunidade está aínda lonxe do desexable, polo que cómpre desenvolver accións concretas de asesoramento, formación e sensibilización ás PEMES e á sociedade galega en xeral.

Neste senso vai incidir o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia:
  • Achegando a través dun Observatorio estudios e análises e facendo un diagnóstico da situación de Galicia no tocante á implantación e ó emprego das TIC. A Universidade de Santiago de Compostela participa co Centro nesta área de traballo.
  • Impartindo cursos de formación e conferencias dirixidos ás PEMES, que se realizarán nas principais cidades galegas coa colaboración da Universidade da Coruña.
  • Sensibilizando e facilitando información de valor no campo das novas tecnoloxías e o comercio-e ás PEMES, a través da revista "e-Negocio Galicia" e da páxina web www.e-negociogalicia.com.
  • Asesorando ás PEMES que decidan adoptar procesos de comercio-e, a través da área de soporte. Este servicio achegará información de calidade ás empresas que o demanden, poñendo en contacto estas iniciativas con provedores destes servicios.
En definitiva, o Centro de Competencias en Comercio Electrónico vén cumprir o compromiso da Secretaría Xeral de I+D con Galicia na implantación e aproveitamento das novas tecnoloxías e o comercio electrónico na nosa comunidade, a través de accións innovadoras

 
Revista


[ Anterior - Datos Proxecto]

[Seguinte - Observatorio]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión