|
|
O proxecto e-MINDER, no que se encadra o Centro de Competencias en Comercio Electrónico, chegou ó seu remate en setembro. Con el finalizan as actividades das áreas de observatorio, formación, soporte e comunicación, na que se encadra a revista e-negociogalicia, se ben o Centro continuará a desenvolver novos proxectos de innovación.
O presente é o último número de e-negociogalicia, que xunto ó Centro, achegou as PEMEs ó mundo de Internet e do negocio on line, desde unha perspectiva divulgativa e pragmática. A través dos 15 números editados, cunha tiraxe de 7.000 exemplares, sacáronse á luz moitas iniciativas de comercio-e, e agardamos que a nosa comunidade acolla moitas máis nun futuro próximo. Ese sería o mellor expoñente de que os contidos da revista calaron entre os empresarios galegos. Cumpridos os obxectivos, o traballo realizado polo Centro pode consultarse na web do Centro, que seguirá difundindo novas e iniciativas.
O proxecto europeo e-MINDER remata así a súa singradura, sentando as bases do coñecemento que agora as institucións han de transferir plenamente á sociedade.
O equipo do Centro de Competencias agradece o apoio e a colaboración de tódolos seus usuarios e lectores.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|