Observatorio do Centro de Competencias
|
|
O Observatorio do Centro de Competencias creouse para analizar as condicións nas que se atopa a pequena e mediana empresa galega, pero tamén a situación xeral do mercado para afrontar iniciativas de negocio electrónico.
O obxectivo deste área era coñecer a situación do mercado en materia de novas tecnoloxías, así como as infraestructuras que a empresa precisa incorporar á súa dinámica laboral e a incidencia de Internet en Galicia, tanto entre empresas como entre consumidores. Para isto, o Observatorio emitiu informes con información útil e estratéxica que poden axudar ás tomas de decisión das PEMES e institucións.
No proxecto participou o Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que é o autor dos estudios precisos para chegar a un coñecemento fiable no referido á implantación das novas tecnoloxías e ás dinámicas de comercio electrónico na nosa comunidade.
Ademais, contemplouse como un requisito básico a colaboración co resto dos observatorios tecnolóxicos que existen en Galicia:
- Observatorio TIC (www.observatoriotic.org), - Observatorio Urbano do Eixo Atlántico - Proxecto Sensitic (www.sensitic.org), - Observatorio do Instituto Galego de Estatística (www.xunta.es).
|
|
|
|
Observatorio
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|