Novas : [O Consello de Ministros aproba a o proxecto de Lei da Administración Electrónica] - Centro de Competencias en Comercio Electrónico
Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar



Inicio | Novas | Nova do 01-12-2006

O Consello de Ministros aproba a o proxecto de Lei da Administración Electrónica

A lei permitirá o acceso aos servizos públicos a través de Internet, o teléfono móbil, a televisión ou calquera outro medio electrónico.

01-12-2006

O Consello de Ministros aprobou o proxecto de Lei que establece o dereito de todos os cidadáns a relacionarse electronicamente coas administracións públicas.

Cando a norma entre en vigor, os cidadáns poderán realizar todas as súas xestións por vía electrónica as 24 horas, os 365 días do ano, e ademais, evitarán ter que presentar papeis que xa estean en poder das administracións.

A nova norma garantirá o acceso aos servizos públicos a través de Internet, o teléfono móbil, a televisión ou calquera outro medio electrónico que poida aparecer no futuro e a consulta do estado de tramitación dos procedementos que se teñan en marcha.

Tamén establecerá que as comunicacións electrónicas teñan a mesma validez xurídica que as que se realizan en papel, o mesmo que realizar un trámite ou recibir información a través de Internet ou un teléfono.

Ademais, a lei permitirá un aforro de 300 euros ao ano por cada cidadán, segundo dixo a vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández da Veiga.

Fonte: El Navegante.com.


Novas

 

[Imprimir]

[Enviar por email]

[Buscador de Novas]

[Arquivo Novas]

[Arquivo Boletíns]

 
 
 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión