Novas : [A UPTA publica unha guía de ferramentas informáticas para xestionar un negocio ] - Centro de Competencias en Comercio Electrónico
Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar



Inicio | Novas | Nova do 24-11-2003

A UPTA publica unha guía de ferramentas informáticas para xestionar un negocio

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) pón a disposición dos internautas unha guía de ferramentas informáticas para axudar ós autónomos a xestionar o seu negocio.

24-11-2003

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) vén de publicar na súa web unha guía de ferramentas informáticas para axudar aos traballadores por conta propia a xestionar informaticamente o seu negocio.

Con esta iniciativa, a UPTA conclúe o desenvolvemento do programa 'In-puls@: os autónomos e a Sociedade da Información', que realizou en colaboración coa Dirección Xeral de Política da PEME do Ministerio de Economía.

A guía está especialmente pensada para os autónomos que teñen un establecemento aberto ao público, pero conta tamén cunha parte xeral que pode aplicarse a calquera empresario por conta propia. Nela analízanse ferramentas e programas específicos para os sectores do comercio, bares e restaurantes, así coma perruquerías e centros de estética.

A primeira fase do desenvolvemento do programa "In-puls@", e tras a realización de 500 enquisas directas a autónomos de diversos sectores, constatou que só o 30 por cento dos autónomos dispón de equipamento informático e o 7% utiliza sistemas de xestión adecuados.

FONTE: Europa Press


Novas

 

[Imprimir]

[Enviar por email]

[Buscador de Novas]

[Arquivo Novas]

[Arquivo Boletíns]

 
 
 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión