Novas : [A Fundación Lonxanet promociona o "turismo pesqueiro"] - Centro de Competencias en Comercio Electrónico
Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar



Inicio | Novas | Nova do 21-11-2003

A Fundación Lonxanet promociona o "turismo pesqueiro"

A Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, vén de lanzar a campaña "Promoción do turismo pesqueiro", a fin de recadar fondos para desenvolver esta economía alternativa nas confrarías.

21-11-2003

A Fundación Lonxanet para o Desenvolvemento da Pesca Sostible (F.L.P.S.) é unha organización sen ánimo de lucro. Desde esta fundación preténdese axudar a evitar a desaparición das cofrarías, sobre todo as máis pequenas, así como axudar a reducir o risco á sobreexplotación dos recursos pesqueiros, mediante sistemas dunha planificación de capturas acorde co mercado.

Co gallo do aniversario do Prestige, a Fundación Lonxanet lanzou a campaña de "Promoción do turismo pesqueiro", a través da cal o consumidor pode contribuír ó proxecto de Turismo Pesqueiro de Lira mercando peixe ou marisco galego. Como recompensa, obséquiase ó cliente cunha nasa artesanal orixinal en tamaño reducido. O 10% da recadación dóase ó proxecto de Turismo Pesqueiro de Lira. O pack, que custa uns 85 euros cos portes incluídos, inclúe mexilón gourmet, polvo.

A campaña de "Promoción de Turismo Pesqueiro" ten por obxectivo implicar as confrarías de pescadores en proxectos humanos e empresariais máis alá da actividade pesqueira en si, motivándoos a transmitir vivencias e realidades persoais e sociais descoñecidas para moitos. Segundo informan na web da Fundación, esta iniciativa "é unha forma de crear emprego nun sector económico que ten unha actividade laboral moi irregular polas circunstancias nas que se desenvolve". Esta idea concrétase en varios aspectos, como son ofrecer unha opción de turismo familiar ou colectivo diferente, integrar ó visitante no mundo dos pescadores (visitando ou vivindo en casas de pescadores, coñecendo os seus lugares de reunión, etc.) e realizar actividades (talleres, pesca en barco, etc.) dirixidas polos propios pescadores.

Máis información: Lonxanet.org


Novas

 

[Imprimir]

[Enviar por email]

[Buscador de Novas]

[Arquivo Novas]

[Arquivo Boletíns]

 
 
 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión