Hoxe día 28 de febreiro celébrase o primeiro "Día da Protección de Datos" promovido polo Consello de Europa, a Comisión Europea e as autoridades de protección de datos dos pa´ñises da UE.
Dado que o sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) é un factor clave que contribúe ao crecemento da Unión Europea, a Comisión Europea reuniu por primeira vez ao denominado Task Force, un grupo de traballo co que se pretende mellorar a competitividade das TIC dentro da UE.
A Comisión Europea presentou o seu primeiro informe anual sobre os progresos rexistrados en Sociedade da Información dentro da estratexia comunitaria i2010. Este informe destaca que a UE necesita pór en marcha proxectos máis cobizosos en relación ás TIC