Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia

 

Inicio

Índice

Internet

B2C

B2B

Tenda Virtual

Seguridade

Marketing

Loxística

Aspectos
xurídicos

Iniciativas
Galegas

Formación | Comercio-e

5.- Implantación: Como construír unha tenda virtual

Pasos a seguir para a creación dunha tenda virtual:

 

 

Paso 1: Infraestructura de comunicacións
O primeiro a ter en conta é a infraestructura de telecomunicacións e informática da empresa. De non existir na PEME dita infraestructura, este sería o primeiro paso na construcción da tenda virtual. Dispoñer de ordenadores conectados entre eles e con acceso a Internet é imprescindible. A Rede será o noso medio de comunicación co mercado virtual.

 

Paso 2: Creación de páxina web
Unha vez que temos a infraestructura precisa estamos xa en condicións de crear a páxina web. Esta vai constituír a imaxe da nosa empresa na Rede, polo tanto, aínda que deleguemos a construcción da páxina en terceiros é preciso que deixemos moi clara a nosa imaxe corporativa. Unha das claves na construcción da web é escoller un bo dominio.

 

Paso 3: Incorporación do carriño da compra
Non é necesario que dende o primeiro momento ofrezamos a posibilidade de mercar na páxina web. En moitos casos resulta máis efectivo ofrecer tan só un catálogo para amosar a gama de productos da empresa. Despois, engadiremos á nosa páxina a función do carriño da compra, que permitirá ós clientes escoller os productos cos que facer un pedido.

 

Paso 4: Establecer un sevicio de pasarela de pagos
Unha vez que xa temos o carriño da compra, será preciso contactar con algunha entidade bancaria, que funcionará como a nosa terminal de puntos de venda. Así, unha vez que o comprador mete un producto no seu carriño, a entidade financeira -que actúa como a nosa pasarela de pagos- recibe os datos da operación. Finalizada a transacción, remitiranos a información precisa. É este un paso elemental que non supón ningunha molestia na actividade empresarial.

 

Paso 5: Contratación do servicio de loxística
Finalmente, debemos contratar un servicio de loxística que se encargue do reparto eficaz dos productos. É unha fase crucial que debe asegurar que o producto vai chegar ó consumidor en boas condicións e no prazo estipulado.

 

Paso 6: Cinguirse ó marco legal (garantía de confidencialidade)
Por último, non podemos esquecer que o consumidor require da web unha serie de garantías de seguridade e confidencialidade dos seus datos. Esta condición garántese a través do marco legal vixente, que se contempla na Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) e na Lei de Seguridade da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI).

 

Paso 7: Atención ó cliente
Unha axeitada atención ó cliente é importante para garantir a súa satisfacción e fidelizalo; e dicir, para consolidar a súa relación coa nosa web e que volva a mercar na tenda virtual.
As consultas ou dúbidas do cliente deben ter unha rápida resposta vía correo electrónico, teléfono, fax...

<< Anterior
www.e-negociogalicia.com | info@e-negociogalicia.com
Avda. de Vigo s/n, Edif. CESGA (Campus Sur), 15706 Santiago de Compostela Tel.: 981 569810 Fax: 981 594616