|
6.- Seguridade
6.1.- A desconfianza na seguridade do pago, a
grande barreira do comercio electrónico
A desconfianza é un dos principais factores que frean o
desenvolvemento do comercio electrónico .
As razóns que aducen os internautas galegos cando se lles
pregunta porqué non mercan en Internet veñen propiciadas
por unha clara falta de información. Así o amosan
as respostas obtidas: como principal barreira está a perda
de confidencialidade, cando o certo é que os medios electrónicos
e a encriptación (codificación da información
que se transmite) teñen a súa seguridade comprobada.
6.2.- Condicións para unha comunicación
segura
As condicións que debe reunir unha comunicación segura
a través de Internet (ou de outras redes) son en xeral as
seguintes:
Confidencialidade: evita que un terceiro poida acceder á
información enviada.
Integridade: evita que un terceiro poida modificar a información
enviada sin que o advirta o destinatario.
Autenticación: permite a cada lado da comunicación
asegurarse de que o outro lado é realmente quen di ser.
Irrefutabilidade: permite a cada lado da comunicación
probar que o outro lado participou na comunicación.
As ferramentas básicas para cumplir as condicións
anteriores son as técnicas criptográficas, en particular
os métodos de cifrado simétrico (unha misma clave
secreta para cifrar e descifrar) ou asimétrico (cada usuario
ten unha parella de claves, unha pública e outra privada,
coa propiedade que o que se cifra con unha das claves so se pode
descifrar coa outra).
Para evitar posibles suplantacións de identidade, é
necesario contar cunha terceira parte fiable que acredite cal é
a clave pública de cada persona ou entidade. Esta é
a función básica das Autoridades de Certificación.
Un certificado dixital emitido por unha destas autoridades conten
a identidade do usuario, a súa clave pública e outros
datos adicionais (por exemplo, o periodo de validez do certificado),
todo firmado dixitalmente coa clave privada da Autoridade de Certificación,
co fin de que o certificado no se poida falsificar.
6.2.- Protocolo de seguridade
Á hora de realizalo pago tódalas comunicacións
entre a tenda, o cliente e a entidade financeira realízanse
baixo o que se chama servidor seguro , que é un ordenador
certificado por unha entidade de verificación e que emprega
un protocolo especial, que pode ser o chamado SSL (Secure Sockets
Layer) ou o SET (Secure Electronic Transaction). Estos protocolos
garanten a confidencialidade dos datos e a seguridade nas transaccións.
O protocolo de seguridade é un sistema de comunicacións
que permite xestionar dun xeito seguro as transaccións en
liña da Rede, sen risco de que outros teñan acceso
á información. Esixe a figura dunha institución
con prestixio encargada de autentificar as partes que realizan as
transaccións, a Autoridade de Certificación.
Existen varios tipos de protocolo de seguridade, os máis
empregados son:
SSL- Secure Sockets Layer ou Plataforma de Transmisión
Segura, amplamente utilizado na web. Neste caso é a tenda
a que dispón dun certificado dixital. Nunha web baixo un
servidor seguro SSL a URL cambia de http:// a https:// (Hipertext
Transport Protocol Secure).
SET - Secure Electronic Transaction ou Transacción Electrónica
Segura, para transaccións financieiras. Involucra certificados
dixitais por ámbalas partes. O problema e que no B2C non
se pode obligar ó cliente que dispoña dun certificado
dixital.
6.3.- Transaccións: actores involucrados.
No proceso de pago están involucrados diferentes actores:
-Comprador
-O Vendedor
-As entidades financieiras:
Proporcionan a infraestructura
Autorizan os pagos
Realizan movementos de cartos
Consulta de operacións autorizadas, etc.
-Autoridade de certificación e rexistro (encargada de
autentificar as partes).
6.4.- A sinatura dixital
A sinatura dixital é unha ferramenta que garante a autenticidade
dos documentos e rexistros enviados a través da Rede, limitando
a posibilidade de fraude nos negocios electrónicos. É,
pois, un instrumento vital para o comercio electrónico xa
que a desconfianza dos usuarios na seguridade das transaccións
económicas pola Rede é un dos factores que lastra
o seu desenvolvemento. Ademais, a sinatura dixital permite asinar
e enviar documentos a través de Internet a calquera hora
do día e tódolos días da semana, o que axiliza
as transaccións e aforra tempo e cartos.
A firma electrónica permite ó receptor dunha mensaxe
verificar a autenticidade do emisor (autentícao), á
vez que garante a integridade do documento. A "firma electrónica
avanzada" consta de dúas claves: unha pública
e unha privada (que só coñece o seu propietario).
A firma dixital permite comprobar se se introduciron modificacións
no documento orixinal enviado. Unha mensaxe cifrada coa clave privada
dun usuario só pode descrifrarse coa clave pública
asociada. O receptor ten que coñecer esa clave pública,
mais só o emisor coñece a súa clave privada.
Os primeiros destinatarios da sinatura dixital son os organismos
públicos e as máis de 200.000 empresas que gardan
actualmente as súas contas en soporte dixital, pero o obxectivo
é consolidar o uso da sinatura dixital tamén entre
os particulares.
6.5.- Entidades certificadoras
En España hai varios organismos que certifican a validez
das sinaturas informáticas. Entre eles, a Camerfirma (organismo
dependente das Cámaras de Comercio, www.camerfirma.com),
a Fábrica da Moeda e Timbre (www.cert.fnmt.es)
e, dende mediados de xullo, o Colexio de Rexistradores. Todos eles
son Autoridades de Certificación que garanten que unha determinada
clave electrónica pertence a un propietario real
|