|
1. Conceptos básicos de Internet
1.1.-INTRANET
Unha intranet é unha rede virtual privada (de uso interno),
que permite a unha empresa ou entidade organizar e compartir información
entre un grupo reducido de usuarios. De xeito máis técnico,
poderíamos definila como unha organización de aprendizaxe,
que permite a integración de xente, procesos, procedementos
e principios en prol da efectividade dunha organización
VANTAXES
As vantaxes de ter unha intranet son claras e, entre outras, as
máis salientables son as seguintes:
- Mellora da comunicación interna da empresa, especialmente
en casos nos que a dispersión xeográfica das delegacións
sexa grande.
- Reducción de custos, debido á diminución
de esforzos e burocracia.
- Mellora do servicio ó cliente, gracias ó incremento
no tempo de resposta e a calidade da información.
FUNCIONAMENTO
¿Cómo funciona unha intranet? Unha intranet non é
moi distinta a unha web. A diferencia céntrase en que está
ligada ó sistema de rede interna da empresa e que para acceder
a ela cómpre unha contraseña, polo que a información
soamente está accesible para xente autorizada. Deste xeito,
todos os empregados dunha empresa poden acceder á documentación
administrativa dun xeito dinámico e actualizado
1.2.- A EXTRANET: unha ferramenta de grande potencial
para a empresa
Unha extranet é unha rede privada que usa Internet para
conectar de xeito seguro dúas entidades.
Durante anos, para intercambiar información entre empresas
era necesario conectar directamente os seus ordenadores cunha liña
adicada (contratada a unha operadora de telefonía). Era un
proceso complicado e custoso, que agora está a cambiar coas
extranets. Os usos das extranets son múltiples e son moitas
as empresas galegas que as empregan para mellorar o seu proceso
de negocio.
A comunicación e o intercambio de datos entre empresas
e clientes é fundamental na maior parte dos negocios. Internet
axuda a mellorar esta comunicación, achegando rapidez e aforro,
con ferramentas como a extranet. Nos últimos tempos, moitas
empresas están botando man deste recurso, para mellorar a
relación cos seus clientes, provedores ou distribuidores.
A extranet pode considerarse, en certo modo, como a parte dunha
web que unha empresa amplía para usuarios ou clientes de
fóra, permitíndolles interactividade e acceso á
información. Na extranet, a información compartida
tan só pode ser accesible polos usuarios que determine a
empresa que a posúe. É esta quen lle facilita os contrasinais
e os permisos para acceder e operar nesta rede privada.
Para explicar de xeito básico o concepto de extranet podemos
recorrer a un exemplo ficticio:
A empresa de artigos de regalo O Acerto vende semanalmente 5.000
productos ás 60 tendas que traballan con eles. Ata que O
Acerto decide crear unha extranet, os pedidos das tendas chegaban
por fax, teléfono, e- mail ou a través dos seus comerciais.
Era un proceso complicado que levaba moito tempo, tendo en conta
o número de encargos. Por iso, botan man dunha extranet para
que as propias tendas accedan a través de Internet ó
catálogo de productos e escollan o que queren mercar, de
xeito que automatizan o proceso. Ademais, agora as empresas clientes
poden ver en calquera momento ó seu histórico de facturas,
albaráns, etc.
¿PARA QUE SERVE?
Algúns dos usos e utilidades dunha extranet son:
- Compartir catálogos con clientes e provedores.
- Proporcionar ou acceder a servicios.
- Compartir de xeito exclusivo información e novas de interese
común con outras empresas.
- Intercambio automático de datos empregando o Intercambio
Electrónico de Datos (chamado EDI).
- Crear espacios de colaboración con outras empresas nos
que desenvolver proxectos.
- Poñer en marcha e compartir programas de formación.
VANTAXES DUNHA EXTRANET
Pero, de xeito práctico, cabe preguntarse que reporta economicamente
esta ferramente a unha PEME. Entre as vantaxes que ofrece están:
- Reducción de custos.
- Acceso máis rápido á información.
- Mellora da comunicación entre empresas.
- Central de negocio aberta as 24 horas os sete días da
semana.
- Acceso á información en tempo real.
- Acceso á información por Internet dende calquera
lugar.
- Seguridade e privacidade no acceso á información.
É importante resaltar a característica da seguridade,
xa que as comunicacións a través dunha extranet son
confidenciais e privadas. A empresa que posúe a extranet
ten que garantir esta seguridade. Hoxe en día, as extranets
están provocando unha revolución nos procesos de negocio,
na estructura e nas operacións comerciais das empresas.
1.3.- O dominio: o nome dunha empresa en
Internet
O nome de dominio dunha páxina web é o único
que a identifica en Internet e podería definirse como a marca
ou denominación dunha empresa na Rede. Internet está
feita de centos de miles de redes e ordenadores, cada cal co seu
propio nome (o que chamamos "dominio") ou enderezo web.
Polo tanto, os nomes de dominio son identificadores de ordenadores,
pero tamén identificadores comerciais das entidades que os
posúen. Deste xeito, se o enderezo é "www.caixagalicia.es",
o dominio será caixagalicia.es.
BAIXO CUSTE
Á hora de elexir o dominio de Internet para a súa
empresa, é convinte ter presente a elección do sufixo.
Existen varias posibilidades: ".com", ".net",
".org", ".tv" ou ".es", aínda
que este timo só é posible para empresas españolas.
Contratar un dominio para a súa empresa equire dun gasto
de cartos moi baixo, e que ode oscilar entre os 25 e os 30 euros
anuais por un dominio con sufixo ".com", ".net"
ou".org", e preto dos 90 euros anuais por un sufixo ".es"
(prezos aproximados).
A entidade que rexistra os dominios das páxinas web a nivel
mundial chámase ICANN, pero en Galicia existen varias empresas
e axentes rexistradores de dominios que farán o trámite
no nome da súa empresa.
CONSELLOS PARA A ELECCIÓN DE DOMINIO
Á hora de adquirir o seu dominio, teña en conta o
seguinte:
Credibilidade: Ter o seu propio dominio daralle unha imaxe profesional
á súa empresa, que transmitirá a sensación
de ser unha empresa seria e cun negocio asentado.
Exclusividade: Sen o seu dominio, o seu enderezo de correo electrónico
e o seu enderezo web estarán condicionados ó nome
do seu provedor de Internet. Ter o seu dominio axuda a construir
imaxe de marca e da un maior recoñecemento á empresa.
Consellos: O dominio debe ser sinxelo de lembrar. Moitas veces
os seus clientes no terán diante o seu enderezo escrito,
polo que recurrirán á memoria. Procure que non confundan
o seu dominio con outro. Pero se ademais de sinxelo de lembrar é
sinxelo de escribir e non ten símbolos que leven a confusión,
será moito máis efectivo. É importante tamén
que sexa un nome breve e que empregue unha palabra con sentido (por
exemplo: "www.coches.com"). Deste xeito obteremos un dominio
que xerará máis tráfico á súa
páxina web.
Conservación: Unha vez rexistrado o dominio, debe estar
atento á data de expiración do rexistro para que ninguén
llo quite en lei.
1.4.- Información empresarial
na Rede: axilice as súas buscas
Na Rede existen numerosas páxinas web con contidos de alto
interese e utilidade empresarial, pero buscalas pode resultar frustrante
se non empregamos os medios axeitados. Neste punto ofrecemos algúns
puntos de partida para acceder a esta información e buscar
oportunidades de negocio, aforrando tempo e cartos nas tarefas de
busca.
Cada busca de información é diferente e, polo tanto,
esixe estratexias diferentes. Tamén o tempo que estamos dispostos
a investir varía en cada caso. Polo xeral, á hora
de poñernos a buscar información para a nosa empresa
ou oportunidades de negocio, o primeiro que facemos é recorrer
a un buscador. Sen embargo, existen outras ferramentas de utilidade
e, dependendo do que queiramos atopar, poden ser máis eficaces.
Velaquí algúns exemplos:
1. COMEZAMOS A BUSCAR
Os buscadores automáticos empregan programas de ordenador
que percorren a web almacenando a información nunha base
de datos. Basicamente, podemos falar de buscadores puros, (www.google.com),
nos que introducimos as palabras clave que nos interesan e rastrean
a web na procura de enderezos, e directorios, (www.yahoo.es),
que organizan o seu contido en áreas xerais e subtemas nos
que vamos ingresando xerarquicamente. Os portais horizontais, (www.excite.com)
ofrecen varios servicios como buscador, servicio de correo gratuito,
servicio de noticias, foro e tenda, mentres que os verticais, (www.verticalia.com,
www.tradeworlds.com: comunidades
de portais de empresas sectoriais) conteñen información
de productos e servicios específicos dunha soa actividade.
Ademais, podemos falar de buscadores intelixentes, máis selectivos
e que tratan de resolver o problema da excesiva información
(www.ask.com), e multibuscadores
(www.buscopio.com, www.searchenginewatch.com),
que conteñen enlaces a buscadores e directorios de Internet
organizados por temas ou rexións.
2. SEGUIMOS BUSCANDO
Ademais dos métodos de busca xeralistas, necesitaremos recorrer
a outras fontes máis especializadas. Para buscar en bases
de datos, podemos axudarnos de www.invisibleweb.com,
ou mesmo dun buscador como Google (engadindo "base de datos"
ó tema que busquemos). www.paginas-amarillas.es
e www.guiastematicas.com son tamén exemplos de fontes con
información de empresas. Existe a opción de contratar
servicios de buscas de pago, que presentan un informe da documentación
que encarguemos (www.northernlight.com).
Noutra categoría atópanse os axentes de busca, que
traballan sen a presencia do usuario, informándoo periodicamente
das súas buscas. Avisan e informan cando cambian as webs
que lles indicamos (www.pointcast.com,
por exemplo, constrúe un xornal á medida coas noticias
que lle ordenemos, aínda que para isto tamén atoparemos
axencias especializadas de noticias).
Ademais, seranos útil para as compras da nosa empresa utilizar
comparadores de prezos que rastrean as tendas virtuais buscando
o producto máis barato (www.kelkoo.com).
3. OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
OS CENTRO DE COMERCIO (Trade Points)
Un trade point ou centro de comercio é un espacio na Rede
onde a diario se publican oportunidades de negocio e ofertas de
exportación e demandas de importación provintes de
todo o mundo, que foron lanzadas a través da rede da UNCTAD
(Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento).
Estes centros informan sobre as ofertas de exportación e
as demandas de importación que circulan pola rede da UNCTAD,
que inclúe máis de 170 centros de comercio. En España
existen catro.
Algúns enderezos de referencia son:
- www.wtpfed.org: web da Federación
Mundial de Centros de Comercio (World Trade Point Federation).
- www.europages.com: Guía
Europea dos Negocios, tipo B2B.
- mkaccdb.eu.int: (Market
Acces Database): web da UE para importacións por país
- www.spain2b.com é
o Centro de Comercio Administrador da base de Datos de Ofertas
e Demandas da Federación Mundial de Trade Points.
|