Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia

 

Inicio

Índice

Internet

B2C

B2B

Tenda Virtual

Seguridade

Marketing

Loxística

Aspectos
xurídicos

Iniciativas
Galegas

Formación | Comercio-e

4.- O B2B ("Business to business")

4.1.- PASOS

Paso 1: Petición de compra

A empresa B tramita a través da páxina web da empresa A o seu pedido

Paso 2: Pago da compra

A empresa A recibe o pedido e procede a comprobar o pagamento. A empresa "cliente" pode facer o pagamento de distintas formas (transferencia, tarxeta de crédito, etc.) que poden facer variar sustancialmente esta parte do proceso.

Paso 3: Confirmación do pagamento

A empresa A recibe confirmación da entidade financeira de que o pagamento se fará con normalidade. A entidade financeira, despois de validar a operación, facilita á empresa A a información necesaria para continuar co proceso.

Paso 4: Orde ó almacen

A empresa A encarga ó seu almacén que prepare o producto mercado pola empresa B. Trátase de preparar a mercadoría para o transporte ata o destinatario.

Paso 5: Empaquetado e embalaxe no almacén.

O almacén da empresa A prepara o pedido para o seu transporte. Procédese á embalaxe e empaquetado da mercadoría para o seu posterior transporte ata o destinatario final.

Paso 6: Entrega do pedido

O operador loxístico ou a propia empresa A encárgase do transporte e fai entrega á empresa cliente da mercadoría solicitada.

4.2.- Madeingalicia: un exemplo de B2B galego.

En xullo de 2000 naceu Madeingalicia, unha iniciativa empresarial que tenta liderar en Internet o comercio electrónico entre as empresas fabricantes de Galicia. Esta empresa está composta por un equipo de profesionais especializados en diversos campos (ámbitos empresariais, enxeñeiros de telecomunicacións, informática e especialistas en deseño e comunicación). Ademais, contan co apoio de varias empresas privadas especializadas en servicios de grande valor engadido, así como o apoio de organismos e institucións vencelladas ó mundo da empresa.

Madeingalicia constituíuse como unha empresa de servicios orientados ó comercio electrónico B2B en Internet, que pretende asociar a tódolos fabricantes de Galicia. Para iso estableceron nove comunidades de negocios para cada un dos grandes sectores de actividade.

As empresas asociadas poden establecer contactos comerciais e buscar e intercambiar información sectorial nos diferentes mercados mundiais na Rede, con intercambios e acordos con portais de características semellantes. As empresas que se acheguen a esta web poden participar en foros de debate sobre temas que afectan ó seu sector de actividade e, como non, vender e mercar calquera producto, de empresa a empresa.

En resumo, trátase dun centro de negocios onde o servicio de intermediación adquire un alto valor engadido, propiciando a venda e a compra de productos dos asociados a MadeinGalicia.

www.madeingalicia.com

<< Anterior
www.e-negociogalicia.com | info@e-negociogalicia.com
Avda. de Vigo s/n, Edif. CESGA (Campus Sur), 15706 Santiago de Compostela Tel.: 981 569810 Fax: 981 594616