Programa de formación en comercio electrónico
|
|
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, en colaboración coa Universidade da Coruña, ofreceu ás PEMES a posibilidade de adquirir formación especializada cun programa de conferencias e cursos de comercio electrónico.
O programa, de carácter ABERTO e GRATUÍTO para as PEMES, comezou en maio do 2002 e rematou en setembro do 2003, despois de celebrar conferencias e cursos en cada unha das sete principais cidades da nosa comunidade: Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.
As conferencias e os cursos dirixíronse ós empresarios e persoal das PEMES galegas con interés en beneficiarse das vantaxes de negocio que ofrece Internet e o comercio electrónico. Os cursos e as conferencias tiveron un enfoque EMPRESARIAL e NON TÉCNICO.
As conferencias, de dúas horas, presentaron os contidos máis representativos do comercio electrónico e as súas estratexias de xestión. Estes aspectos ampliáronse nos cursos, de doce horas en total, repartidos en tres xornadas, e celebrados en horario de tarde para facilitar a asistencia de empresarios e persoal de PEMES.
O temario dos cursos inclúe contidos como técnicas de marketing en Internet, ferramentas de seguridade e de pago, a loxística e a distribución ou aspectos xurídicos do comercio electrónico. Ademais, tratáronse exemplos prácticos e estudios de caso de empresas que levaron á práctica procesos de negocio electrónico.
|
|
|
|
Formacion
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|