|
|
O Centro de Competencias está liderado pola Consellería de Innovación, de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e xestionado polo Centro de Supercomputación de Galicia .
As actividades do Centro de Competencias pódense dividir en seis áreas que desempeñan accións diferentes pero complementarias ó mesmo tempo.
As seis áreas e os seus obxectivos son:
Observatorio: O Observatorio do Centro de Competencias analiza a actual economía rexional para descubir peculiariedades, puntos fortes e febles, e prioridades no eido local con especial atención ás PEMES.
Formación: Proporciona formación sobre Internet e comercio electrónico a empresarios e persoal de PEMEs. Seminarios, conferencias, xornadas e cursos son as principais actividades da área de formación.
Soporte: Esta área é a responsable do desenvolvemento dun servicio de soporte e asesoramento ás PEMES, de xeito que poidan mellorar os seus procesos de negocio co emprego de ferramentas TIC e do comercio electrónico. A área de soporte é tamén responsable de proporcionar servicios de información, orientación e asesoramento que abarcan todo o ciclo de negocio electrónico.
Comunicación e promoción: Realiza intensivas accións de comunicación e diseminación dos contidos e resultados das actividades das áreas arriba mencionadas. A sensibilización e promoción das TIC e o negocio electrónico entre as PEMES galegas é un labor complementario da área de comunicación. A revista (e-negociogalicia), a web (www.e-negociogalicia.com) e as publicacións en prensa son os principais medios desta área.
Investigación e desenvolvemento: Facendo uso dos resultados e as pautas obtidas polo Observatorio, o propósito desta área é contribuír á superación de barreiras na adopción de procesos de negocio electrónico por parte das PEMES.
Cooperación exterior: Esta área identifica organizacións rexionais, nacionais e internacionais (Centros de Competencias, Asociacións Profesionais, Centros de Investigación e outras institucións) para a creación dunha rede que involucre a operadores clave no área de apoio á innovación para PEMES.
|
|
|
|
Cooperacion
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|