|
|
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia está aberto á cooperación con outras organizacións para realizar actividades e proxectos afíns cos seus obxectivos: a mellora da competitividade das empresas e o desenvolvemento rexional mediante o uso das TIC.
O Centro forma parte da Rede Europea de Centros de Competencias baseada no proxecto europeo e-MINDER. Coa axuda desta Rede, e achegando a súa propia experiencia, o Centro de Competencias ofrece apoio a aquelas organizacións ou empresas interesadas en participar en proxectos internacionais. Ademais das súas seis áreas de actividade, o Centro traballa en liñas específicas de investigación, desenvolvemento e innovación para a realización de novos proxectos.
Os representantes de organizacións que desexen realizar propostas ou manifestar o seu interese en acometer proxectos de colaboración poden deixar os seus datos de contacto no seguinte formulario, así como unha breve descrición da súa iniciativa.
|
|
|
|
Cooperacion |
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
* Os datos deste formulario incluiranse en arquivos automatizados que se conservarán de forma confidencial, dacordo co disposto na Ley Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Regulación de Tratamento de Datos de Carácter Personal. O usuario poderá requirir a súa consulta, rectificación, actualización ou cancelación. |