Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
English :: Español :: Português
Inicio | Centro 


O Centro de Competencias

O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia nace para fomentar, apoiar e axudar ás PEMES (pequenas e medianas empresas) galegas no aproveitamento das novas tecnoloxías e Internet e na adopción de procesos de negocio electrónico. Deste xeito, dáselle a oportunidade de competir no mercado internacional ás empresas galegas.

Obxectivos xerais do Centro:
  • Analizar a situación e a necesidade de formación das PEMES en canto ó uso de novas tecnoloxías.
  • Formar ás PEMES (empresarios e persoal) en canto ó comercio electrónico e Internet.
  • Proporcionar soporte técnico e axudar ás empresas con iniciativas de comercio electrónico.
  • Promover e fomentar mediante accións de comunicación o comercio electrónico e as novas tecnoloxías en Galicia.

O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia forma parte do proxecto europeo e-MINDER, a Rede Europea Rexional de centros de competencia para a promoción do comercio electrónico. O Centro está liderado pola Consellería de Innovación, de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e xestionado polo Centro de Supercomputación de Galicia (www.cesga.es). Ademais, o Centro ten unha estreita conexión co "Foro si-Galicia" ("Foro para a Extensión da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico"), unha iniciativa que pugna pola entrada plena de Galicia na chamada "Sociedade da Información".

Xunto ao CESGA, coordinador do Centro, participaron no proxecto e-MINDER a Universidade de Santiago de Compostela (www.usc.es) e a Universidade da Coruña (www.udc.es)
 
Centro


[Equipo]

[Ubicación física]

[Memoria 02-03]

[Novas sobre o Centro]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión