Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




DESPEDIDA:

O proxecto europeo e-MINDER, no que se encadra o Centro de Competencias en Comercio Electrónico, chegou ó seu remate. Con el finalizan as actividades das áreas de observatorio, formación, soporte e comunicación, se ben o Centro seguirá desenvolvendo novos proxectos de innovación. Como parte das súas accións, o Boletín de comercio electrónico remata hoxe a súa andanza, facendo un pequeno resume das catro áreas de traballo do Centro.

Durante os seus case oito meses de vida, este Boletín tratou de resumir a actualidade do comercio a través de Internet e, sobre todo difundiu novas e iniciativas de ámbito galego. Agardamos que fose de utilidade para os seus subscritores.

O equipo do Centro de Competencias agradece sinceramente o apoio e a colaboración de tódolos seus usuarios e lectores.


     
 

Boletín de Comercio Electrónico 05-12-03

>>FORMACIÓN: A empresa galega solicitou formación en comercio-e
As actividades formativas que o Centro organizou por toda Galicia a través da área de formación confirmou a necesidade e o interese das PEMEs por poñerse ó día en materia de novas tecnoloxías e comercio electrónico. Preto de mil empresarios e persoal de PEMEs asistiron ós eventos formativos máis de 630 asistiron ós cursos de comercio-e do Centro.

>>SOPORTE: Demanda crecente de asesoramento
A función da área de soporte consistiu en asesorar ós empresarios en temas de novas tecnoloxías e a implantación do comercio electrónico ós seus procesos de negocio. Numerosas empresas galegas empregaron este servicio.

>>COMUNICACIÓN: Un altofalante para o comercio electrónico galego
A área de comunicación encargouse de divulgar información de interese sobre comercio electrónico e as actividades xeradas polo Centro. A web, a revista "e-negociogalicia" e o Boletín electrónico convertéronse en referencia do comercio-e na nosa comunidade.

>>OBSERVATORIO: Tomando o pulso ó comercio electrónico galego
A área de observatorio do Centro de Competencias desenvolveu unha función de brúxula no tocante ó comercio electrónico e as novas tecnoloxías en Galicia. Tratouse de ver as condicións nas que se atopa a PEME galega, pero tamén a situación xeral da sociedade na que vivimos.

>>O proxecto QualyTIC facilitará ás empresas a elección de provedor TIC
Elaborar un sistema de calificación que permita crear un directorio de servicios TIC e facilite ás empresas a selección do seu provedor é o obxectivo do proxecto Qualytic. Superada a primeira fase do proxecto, as empresas provedoras xa poden darse de alta para entrar a formar parte deste directorio.