Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 24-11-03
>>A Fundación Lonxanet promociona o "turismo pesqueiro"
A Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, vén de lanzar a través da Rede a campaña "Promoción do turismo pesqueiro", que ten por obxectivo recadar fondos para evitar a desaparición das confrarías e promocionar unha economía alternativa nas vilas pesqueiras.

>>España, no antepenúltimo posto en clasificación europea de TIC
España ocupa o posto número 29 en todo o mundo e o antepenúltimo dentro da Unión Europea, segundo a clasificación de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións que elaborou este ano a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT).

>>O 86% dos abonados ás liñas TRAC en Galicia terán internet a finais de ano
O Goberno estima que en xuño deste ano o 44% dos abonados ás liñas de TRAC en Galicia xa tiñan a posibilidade de acceder á Rede. Espérase que a finais deste ano esta porcentaxe acade o 86%.

>>A UPTA publica unha guía de ferramentas informáticas de xestión
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) vén de poñer a disposición na súa páxina web unha guía de ferramentas informáticas para axudar aos autónomos a xestionar o seu negocio.

>>O proxecto e-MINDER e o Centro de Competencias presentaron resultados
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, no marco do proxecto europeo e-MINDER, que ten por obxectivo axudar ó desenvolvemento do comercio electrónico e das novas tecnoloxías entre as PEMES, presentou os seus resultados finais durante unha rolda de prensa celebrada a semana pasada.

O DATO

>>A inseguridade, principal obstáculo do comercio-e
O 46,3% dos internautas galegos non merca na Rede porque cre que é unha canle insegura, porcentaxe que aumentou un 7% respecto do ano pasado. A percepción de que as transaccións vía Internet non son seguras segue a ser o lastre máis importante para o despegue das vendas de comercio-e en Galicia, segundo o e-Barómetro Usuarios 2003.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Winred, asesoramento sobre Internet para empresas
Manuel Trincado puxo en marcha en 1999 unha web na que ofrecer información sobre o mundo da empresa en Internet. Nela, analízanse as posibilidades da Rede para a empresa, en especial no que se refire a estratexia, marketing e innovación. O proxecto conta con cinco expertos en diferentes áreas.
www.winred.com

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista