|
Boletín de Comercio Electrónico 18-11-03 |
|
>>As vendas on line medrarán un 21% este Nadal
Un informe da consultora Jupiter Research revela que para este Nadal espérase recadar 17.000 millóns de dólares a través da Rede. Isto supón un aumento das vendas electrónicas do 21% con respecto á tempada anterior.
>>Estrénate.com quere promover o comercio electrónico en España
A Asociación Española de Comercio Electrónico (AECE) presentou a segunda edición da campaña Estrénate.com, que ten por obxectivo impulsar e estimular o comercio electrónico no estado español. Segundo datos da AECE, o 80,3% dos internautas españois non realizou nunca unha compra a través da Rede.
>>As grandes empresas apostan polas vantaxes dunha intranet
O aforro de custos, a rapidez no acceso á información, a eliminación de trámites burocráticos e a mellora das relacións cos franquiciados son algúns dos motivos que están impulsando ás grandes compañías a poñer en marcha unha intranet [?] á que teñan acceso os seus asociados.
>>Expertos debaten sobre as TIC na empresa
As instalacións do CIS de A Cabana acolleron onte a cuarta mesa de expertos da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía en Galicia 2003, relativa á situación das tecnoloxías da información e da comunicación na empresa.
>>O Centro de Competencias presentará mañá os resultados do e-MINDER
Mañá terá lugar unha roda de prensa onde se presentarán os resultados finais do proxecto europeo e-MINDER e do Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia. O acto será ás 12:00 horas no Clube Internacional de Prensa de Compostela.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>A compra 24x7, principal vantaxe para o consumidor
A dispoñibilidade e a comodidade da Rede e as tendas virtuais abertas as 24 horas do día durante toda a semana (24x7) son as razóns que máis animan ós internautas á hora de mercar dende o ordenador. Sen embargo, o aforro de custos non é percibido aínda como unha das principais vantaxes, segundo amosa o e-Barómetro Usuarios 2003.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>A tradición aposta pola Rede: Almacenes Martínez
Esta empresa nacida en Lugo en 1928, ten unha longa tradición na venda de artigos relixiosos. No 2000, os responsables da empresa mercaron o dominio para crear a súa web, movidos "pola necesidade de concorrer en tódolos medios que nos faciliten a nosa difusión e intercambio comercial", segundo nos conta o seu xerente. www.almacenesmartinez.com
|
|
|
|
|
|
|
|
|