Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 10-11-03
>>Serviaquatic.net, xestión integral de mantemento de piscinas a distancia
Aquatic, compañía dedicada á construcción de piscinas e instalacións deportivas, ofrece un novo servicio aos seus clientes. O Serviquatic.net permite a automatización por control remoto para o mantemento de piscinas, e proximamente incorporarase á web da empresa, agora en fase de renovación.

>>A consulta do estado de tramitación das pensións, agora na Rede
O Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS) vén de poñer en marcha o servicio a través do cal os cidadáns poderán consultar na Rede en que estado se atopa a tramitación da súa pensión e os seus datos básicos.

>>As vendas on line en España medraron un 43,3% durante o 2002
Segundo a última enquisa do INE, con datos do 2002 tan só un 1,7% das PEMES españolas realizaron vendas electrónicas no 2002, xerando un negocio de 3.753 millóns de euros (un 43,4% máis que no ano anterior). Destas, un 87,6% foron vendas B2B e un 12,4% B2C.

>>Vigo acolle dous seminarios sobre Internet e xestión de cobros e pagos
O Servicio de Asesoramento a Emprendedores (SAE) da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e o IGAPE-BIC Galicia organizan este mes dous seminarios gratuitos sobre "Internet básico" e "Políticas de Xestión de Cobros e Pagos" dirixidos a autónomos e PEMES de recente constitución.

>>O proxecto e-MINDER senta as bases na definición dos seus obxectivos
No camiño por sentar as bases na definición dos obxectivos finais do proxecto europeo e-MINDER, os seus socios polacos, chipriotas e galegos -que integran a Rede Europea de Rexional de Centros de Competencias- reuníronse oficialmente a pasada semana en Pomerania (Polonia).

O DATO

>>Entradas e turismo acaparan as vendas electrónicas galegas
Os productos máis mercados a través da Rede en Galicia son as entradas para o cine e outros espectáculos (34,6%), seguidas moi de preto polos productos turísticos (billetes, reservas de aloxamento...), que significan o 32,7% das vendas. Son datos do e-Barómetro 2003 Usuarios.

INICIATIVA DA SEMANA

>>MusicalJR canaliza o 30% das súas vendas por Internet
Musical JR vende instrumentos artesanais desde 1998 en Carballo, pero o seu obradoiro ten máis de 15 anos de existencia. En 1999 nace a súa web, para "dar máis publicidade ó obradoiro de artesanía e para que a xente de fóra de Galicia poidese coñecelo", explica o seu xerente.
www.musicaljr.com

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista