|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>O ADSL e o cable experimentan unha gran subida
As ofertas e promocións das operadoras contribuíron ó espectacular aumento do ADSL como método de conexión en Galicia, que pasa de estar presente no 13,5% dos fogares a estar no 22,4% neste ano 2003. O cable tamén experimentou un importantísimo incremento: pasa do 5,5% ó 14,1%. Son datos do último informe e-Barómetro 2003.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>Lavelis vende cruceiros e fontes de pedra na Rede
A PEME galega ofrece cada vez máis exemplos de negocios orientados ó mercado da Rede. É o caso de Lavelis.com, nacida en setembro do 2002 con dous socios e un desembolso inicial de 3.000 euros. Lavelis vende productos de decoración e agasallos a través do catálogo da web, e ofrece a posibilidade de persoalizalos. www.lavelis.com
|
|
|
|
|
|
|
|
|