|
Boletín de Comercio Electrónico 06-10-03 |
|
>>GaliciaDixital.com, un "portal de portais" con información e servicios
GaliciaDixital.com, marca comercial da empresa Interdix S.L., constitúese desde o ano 2000 como un novo portal de entrada á nosa comunidade. Xeradora de contidos e prestadora de diversos servicios, esta plataforma galega con servidores propios defínese como un “portal de portais”.
>>Un carné electrónico gardará os datos dos alumnos galegos
O proxecto tecnolóxico SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega), da Consellería de Educación, aplicarase a 768 centros educativos de Educación Infantil e Primaria de Galicia. Este plan evita a duplicidade de información e simplifica o almacenamento de datos.
>>O comercio electrónico aumentou un 20% en Francia no último ano
Por primeira vez, en Francia a porcentaxe de internautas que mercan pola Rede é maior que os preocupados por deixar os seus datos na Rede, segundo o "Barómetro do e-commerce francés", realizado por TNS-Sofrès.
>>O IVE español no comercio electrónico, dos máis baixos da UE
A entrada en vigor dunha norma que establece que a venda por Internet de libros, música ou películas non é unha entrega de bens, senón unha prestación de servicios, fai que aumente o IVE dos productos. España é un dos países da UE co IVE "electrónico" máis barato.
>>Máis do 50% dos compradores on line mercan billetes de avión e reservas
Dos 2,5 millóns de compradores on line existentes en España, máis da metade adquiren billetes de avións e reservas de hotel, fronte ao 36%, que mercan equipamento electrónico, e o 33%, que compran vídeos e DVDs, segundo un estudio realizado pola axencia Netthink.
>>O CMG inicia o seu programa de formación en novas tecnoloxías
O Centro Multimedia de Galicia (CMG) iniciou o pasado xoves o IV Programa de Formación 2003-2004, cuxo obxectivo é formar a profesionais no manexo das Novas Tecnoloxías e na creación de contidos multimedia.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>Elcorteingles.com facturou 40 millóns de euros no 2002
Un dos exemplos de máis éxito en España no comercio electrónico é o de Elcorteingles.com. Respaldado pola súa imaxe de marca, os recursos e a infraestructura da empresa, a versión electrónica de El Corte Inglés facturou no último ano uns 40 millóns de euros.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|