|
Boletín de Comercio Electrónico 22-09-03 |
|
>>Lexislacións e subvencións de interese, cada día no buzón electrónico
CNS é unha empresa compostelá con poucos anos na Rede. O seu traballo consiste no envío persoalizado de lexislación, normativa técnica e subvencións que aparecen nos boletíns oficiais (BOE, DOCE, DOGA e BOPA) por correo electrónico.
>>Controlp.com intégrase na plataforma de comercio electrónico de HP
A tenda virtual ourensana Controlp.com vén de integrarse na plataforma de e-business de HP, especializada en productos informáticos. Controlp, que xa está presente en páxinas importantes como as de Marca ou El País, continúa crecendo na Rede.
>>EGANET convoca os seus primeiros premios
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET) pretende promocionar os proxectos para a Rede feitos en Galicia cuns novos premios que nacen este ano. Os interesados poden presentar as súas candidaturas ós Premios EGANET antes do 30 de setembro.
>>A USC Virtual supera xa os 6.000 alumnos
O campus virtual da Universidade de Santiago (USC) contou con máis de seis mil estudiantes matriculados durante o curso 2002-2003. Para este novo ano académico, a USC Virtual suma máis cursos á súa oferta e tamén máis alumnos.
>>A confianza dos españois nos pagos on line, por debaixo da media europea
Segundo un estudio da Comisión Europea, o índice de confianza dos españois nas transaccións electrónicas é de 6,46 sobre 10, só por riba da dos portugueses e os gregos. A media comunitaria é de 7,08.
>>Cerdeña segue o exemplo de Galicia para impulsar o comercio electrónico
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia participou no congreso internacional celebrado en Cerdeña "Accións rexionais de innovación–DIESIS" como modelo de “Boas Prácticas” (Best Practices) de desenvolvemento rexional no campo do comercio-e.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>Unha de cada catro webs de PEMES galegas vende pola Rede
Os internautas poden mercar no 26,7% das páxinas de empresas galegas, segundo o informe e-Barómetro 2003, o que representa un crecemento de case nove puntos respecto do ano pasado. Sen embargo, a maior parte das webs empresariais galegas seguen a ter só un uso informativo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|