Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 15-09-03
>>A Marisquería Bahía, de Vigo, vende mariscadas on line
En 24 horas a Marisquería Bahía entrega en calquera punto de España marisco xa cocido. A web do restaurante vigués nace como un instrumento para chegar a un novo público e para romper a estacionalidade deste tipo de establecementos.

>>A inserción de anuncios no DOG poderá facerse por Internet
A inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG) poderá facerse tamén a través da Rede. Para iso, empregarase un dos certificados dixitais expedidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, que pode solicitarse na Xunta.

>>O portal Turismogallego.com incorporará aloxamentos doutras comunidades
Turismogallego.com está a preparar as novidades que incorporará proximamente na súa web. Unha delas consiste en engadir máis información sobre Galicia, as súas festas gastronómicas, de interese nacional ou turístico, etc. Ademais, este ano poderán reservarse on line aloxamentos do norte de España e de Portugal.

>>Suben os prezos dos dominios ".es"
A partir do 9 de decembro a asignación dun dominio xenérico ".es" custará 110 euros anuais, case 38 euros máis que agora, segundo unha orde ministerial recentemente aprobada. A renovación anual pasará de 48 a 100 euros.

>>Unha web vende bólas de golf recuperadas a baixo prezo
Unha empresa española dedícase á venda on line de pelotas de golf recuperadas dos lagos, aparcamentos e arredores dos campos de golf de todo o mundo. O segredo do éxito: bólas en perfectas condicións de calidade e moito máis baratas que as novas.

>>As empresas poden participar nunha consulta legal sobre o e-business
O Centro de Competencias participa na difusión dunha consulta legal ás empresas europeas promovida pola Comisión Europea. O obxectivo é identificar os problemas legais que atopan para o e-business. Os interesados poden descargar o cuestionario na web do Centro.

O DATO

>>A sensación de inseguridade, obstáculo do comercio-e
A sensación de inseguridade que apuntan o 54,2 por cento das PEMEs galegas (datos do informe e-Barómetro 2003) é a principal barreira para o desenvolvemento do comercio-e na nosa comunidade. En cambio, o loxística non é detectada como unha barreira para o negocio a través de Internet, xa que só o 14,7 das PEMEs galegas a detectan como tal.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Frioya: a extranet ó servicio dos clientes
Frigoríficos Oya S.A. é unha empresa de almacenamento frigorífico, un negocio no que os movementos dos productos son constantes. Dende abril do 2002, Frioya puxo en marcha unha extranet que permite ós clientes consultar información en tempo real, facilitando unha maior fluidez na comunicación e un considerable aforro de custos.
www.frioya.es

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista