|
Boletín de Comercio Electrónico 08-09-03 |
|
>>A parafarmacia luguesa Celorriofarma recibiu xa 2.000 pedidos pola Rede
2.000 pedidos on line, 950 visitas diarias e 3.800 clientes rexistrados. Estes son os principais resultados da páxina web de Celorriofarma, unha farmacia de Lugo que está na Rede dende o 2001. Case o 100% dos pedidos chegan de fóra de Galicia.
>>A web de Turgalicia tivo 4,6 millóns de visitas no primeiro semestre do 2003
No que vai de ano, a web da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia.es, triplicou o número de visitas acadadas durante todo o 2002. Os usuarios que máis visitaron a web foron os españois, seguidos de portugueses, italianos, alemáns, franceses, norteamericanos, ingleses e belgas.
>>O primeiro banco de esperma por Internet español instalarase en A Coruña
O artífice do proxecto é John González, un coruñés afincado en Londres. No Reino Unido xa funciona un banco de esperma dende o ano pasado. Hai uns días naceu o primeiro neno concebido con esperma mercado neste banco "electrónico".
>>Unha ferramenta galega facilitará a consulta de información financeira on line
A empresa ferrolana 3.14 Financial Contents está a desenvolver un novo sistema en colaboración con grupos de investigación das universidades galegas. Trátase dun proxecto que facilitará a busca de información sobre mercados financeiros aos analistas e investidores profesionais, pero tamén aos usuarios non profesionais.
>>Iberia só recollerá os curriculum vitae recibidos por Internet
A compañía só aceptará os curriculums enviados á páxina IBERI@Empleo, desenvolvida para a captación de novos empregados. Esta é unha mostra máis da aposta que Iberia está a facer pola Rede, que está dando moi bos resultados. No 2002 foi a empresa española que máis vendeu por Internet.
>>O Centro de Competencias, estrela do congreso internacional DIESIS
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia foi elixido como estudio de caso principal polo seminario internacional "Accións rexionais de innovación - Diesis", que terá lugar os días 11 e 12 de setembro en Cagliari, Italia.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>O ADSL, método de conexión máis escollido entre as PEMEs
Á escolla do ADSL entre as PEMES galegas, que pasou de estar presente nun 37,7% durante o 2002 a estalo no 44,8% no 2003, contribuiu en gran medida a súa dispoñibilidade e o feito de que proporcione un ancho de banda considerable, ademais dunha boa campaña promocional. O cable tamén se afianza e duplica a súa presencia, subindo do 2% ó 4,7%.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|