|
Boletín de Comercio Electrónico 04-08-03 |
|
>>Entrevista a Ricardo Goizueta, director de comercio-e de El Corte Inglés
Respaldada pola súa imaxe de marca, recursos e infraestructura da empresa, a web de El Corte Inglés logrou facturar 40 millóns de euros no último ano. O Centro de Competencias entrevista ó seu director de comercio electrónico, Ricardo Goizueta.
>>O proxecto Xoia desenvolverá o comercio-e nas empresas do sector da xoiería
Xoia é unha proposta pioneira en España que pretende modernizar o sector da xoiería en Galicia. Unhas 1.200 empresas poderán adherirse a este proxecto, que a través dun portal permitirá axilizar a labor dos viaxantes, enviar e recibir pedidos, intercambiar novidades e información, etc.
>>O Servicio Galego de Saúde renova a súa páxina web
O Sergas estrea unha nova páxina web que mellora o deseño e as opcións de navegación da anterior, dirixida ós cidadáns, pero tamén ó profesional sanitario e ás empresas. No que vai de ano o número de citas previas solicitadas a través da web foron preto de 20.000.
>>Iberia é a empresa española que máis vende por Internet
Cun aumento das vendas do 35% durante o 2002, a compañía aérea Iberia é a empresa española que máis vende a través da Rede, segundo datos do informe anual do 2002 da Comisión do Mercado das Telecomunicacións.
>>O Centro de Competencias ingresa na Rede Internacional para PEMEs
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia vén de ser unirse como "observador" ó Grupo Directivo da Rede Internacional para as PEMEs (INSME). O INSME é unha iniciativa promovida polo goberno italiano dirixida a estimular os procesos de innovación das PEMEs.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>Pc-portatil, portal de referencia no hardware de ocasión
Pc-portatil.com é o portal de venda na Rede da empresa Arcon Ourense. Oferta todo tipo de artigos informáticos novos (portátiles, fixos, pezas de recambio…), pero tamén usados, de ocasión ou stock. Nacida en 1999 cun presuposto de 3.000 euros, conta cunhas 400 visitas diarias.
|
|
|
|
|
|
|
|
|