Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 21-07-03
>>A zona vella de Compostela disporá de tenda virtual
O proxecto Rede Aberta unirá os establecementos da asociación CCA Compostela Monumental a través dunha intranet. Outro dos obxectivos desta iniciativa é que os visitantes poidan mercar on line os productos das tendas da zona vella de Santiago.

>>Galicia explicou en Bruselas como fomentar o comercio electrónico
Galicia explicou como fomentar o comercio-e e as novas tecnoloxías entre as PEMEs das rexións periféricas e menos desenvolvidas de Europa nunha conferencia en Bruselas. O Centro de Competencias en Comercio Electrónico foi o encargado desta tarefa, e presentou os logros do proxecto europeo e-MINDER.

>>Consolídase o negocio das axencias de viaxe on line
As axencias de viaxes on line españolas prevén un crecemento de arredor do 50% na súa facturación para este ano 2003. O aumento da confianza dos clientes na Rede contribúe á consolidación deste tipo de negocios.

>>O programa Lugo Emprende comezará a funcionar en setembro
O pasado día 14 de xullo foi presentado o programa Lugo Emprende, que ten por obxectivo potenciar as vocacións empresariais e proporcionar servicios de información on line de apoio ó emprendedor.

>>Cursos de formación en Internet: os máis demandados polos autónomos
O 25% dos empresarios autónomos asistiu a cursos de formación entre o período 2001-2002, segundo o estudio "Autónomos e Formación: necesidades, demandas e resultados" elaborado pola Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (Cepyme).

>>Empresarias galegas fórmanse en comercio electrónico
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico colabora no programa de formación a empresarias organizado pola Federación de Empresarias de Galicia (FEGA). Os cursos son gratuítos e impártense nunha aula itinerante en diversas localidades galegas.

O DATO

>>O 13,3% das PEMES galegas realiza comercio electrónico
O 13,3 por cento das empresas galegas realiza transaccións a través da Rede, do tipo B2B (entre empresas), B2C (dirixido ó consumidor final) ou ámbolos dous, segundo os datos do novo informe e-Barómetro 2003 do Centro de Competencias. O comercio-e subiu 1,3 puntos con respecto ó ano pasado.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Amboa potencia a ourivería galega en Internet
Amboa, tenda compostelá de ourivería, cerámica e xoias, creou a súa tenda electrónica no ano 1999. Os seus principais clientes son galegos no estranxeiro ou turistas coñecedores da tenda física. Para o seu responsable, Alejandro Sande, a loxística é fundamental.

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista