Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 14-07-03
>>Mundocamisetas.com, a web galega interactiva das camisetas
Especialistas na camiseta, este portal galego presenta un amplo surtido de deseños que se poden persoalizar. Ademais, o usuario pode mandar as súas ideas e vender as súas camisetas dende a web con só colocar un icono.

>>O proxecto Equal do Concello da Coruña creará unha web para o textil
Os promotores do programa Equal proxectan a creación dun portal virtual do textil, co reto de renovar tecnoloxicamente este sector e fomentar a formación dos traballadores. Equal "Coruña Solidaria" é un proxecto de integración sociolaboral, liderado polo Concello da Coruña e subvencionado polo Fondo Social Europeo.

>>As entradas para concertos en Vigo poden reservarse pola Rede
Con esta iniciativa, a empresa Central de Espectáculos pretende facilitarlle ás persoas que viven fóra de Vigo a adquisición de entradas para os concertos que se celebrarán durante este verán na cidade olívica.

>>As Pemes españolas teñen carencias tecnolóxicas, segundo ASIMELEC
O presidente da Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións (ASIMELEC), Luis Pérez Bermejo, considera que o retraso das PEMES na Sociedade da Información débese á falta de información e formación.

>>A matrícula por Internet chega á Universidade de Santiago
Por primeira vez, os alumnos da USC que queiran matricularse a través da Rede poderán facelo a partir do 28 de xullo, esquecéndose así dos trámites durante o período vacacional. O prazo para a matrícula remata o próximo 17 de outubro.

>>Autocity.com recibíu máis de 25.000 solicitudes de orzamento
Os bos resultados deste portal da compañía Wanadoo e o nacemento de Automercado, da compañía Motorpress Ibérico, son dous exemplos da aposta que o sector do automóbil fai por Internet como unha canle de negocio.

O DATO

>>Novo informe e-Barómetro 2003 de Empresas (I)
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia vén de publicar o novo Informe e-Barómetro 2003 sobre empresas, que achega datos recentes sobre a situación das PEMES galegas en relación a Internet e o comercio electrónico. Este informe, desenvolvido polo de Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da USC, amosa un incremento do comercio on line como canle de negocio entre as empresas galegas.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Empleoexterno.com: recursos humanos galegos
Este proxecto naceu en setembro do 2001. O seu responsable, Carlos Garrido, califícao coma un portal "busca-solucións" tanto para as persoas que buscan traballo como para as empresas que buscan traballadores, que poden acceder a currículums previamente seleccionados en función das súas necesidades. www.empleoexterno.com

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista