Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 30-06-03
>>O Mercado do Progreso de Vigo, posiciónase na Rede de cara ó futuro
Un dos mercados máis tradicionais de Vigo, o do Progreso, puxo en marcha hai varios meses o seu escaparate e tenda virtual. Arredor de 90 clientes on line e unha media de vinte pedidos ó mes é o froito de www.mercadoprogreso.com, onde traballan 80 postos comerciais.

>>www.turismogallego.com tivo 20.000 visitas no seu primeiro mes
Este novo portal turístico galego permite facer reservas on line para aqueles que queiran pasar as súas vacacións en Galicia. A información que aparece na páxina é proporcionada polos propios responsables dos establecementos que se anuncian na web.

>>Catoira promociónase na Rede
O concello pontevedrés vén de inaugurar unha web que ten dous eixos: a súa promoción turística, baseándose sobre todo na coñecida romería vikinga, e o achegamento da administración local ó cidadán gracias á Rede.
www.concellocatoira.com

>>Simpay, novo sistema de pago por teléfono móvil
Simpay é a marca da Asociación de Servicios de Pago por Móvil creada para impulsar este tipo de pagos. Simpay permitirá o cliente pagar pequenas compras cargándoas nunha conta xestionada pola súa operadora de telefonía móbil.

>>A compra de viaxes on line medrará fortemente en Europa ata o 2007
Cada vez son máis os internautas europeos que mercan os seus billetes para viaxar a través de Internet. Baixos prezos e unha rápida resposta ás súas demandas son algúns dos principais factores que contribúen ó enorme despegue que durará ata o 2007.

>>A Telexerontoloxía mellorará a calidade de vida das persoas maiores
A Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados (UDP) de A Coruña e o CESGA asinaron un convenio de colaboración que pretende fomentar actividades que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas maiores a través da teleasistencia.

O DATO

>>Un de cada catro galegos conéctase á Rede
Un de cada catro galegos maiores de dez anos conéctase habitualmente á Rede, segundo se desprende da análise dunha mostra de 1.108 fogares galegos que EOSA Consultores fixo para a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Ademais, este estudio sinala que o corenta por cento dos fogares galegos contan con ordenador persoal.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Celorriofarma, farmacia pioneira en España
Esta farmacia lucense leva na Rede dende o 2001, sendo das primeiras españolas en apostar polo comercio electrónico. A Rede estalle a abrir o mercado español, un mercado inaccesible dende o seu establecemento físico. Agora, arredor do 95% dos pedidos que reciben na tenda virtual proveñen de fóra de Galicia.
www.celorriofarma.com

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista