|
Boletín de Comercio Electrónico 16-06-03 |
|
>>A tenda lucense Masque2 recibe on line o 20 por cento dos pedidos
Masque2 é unha PEME de Lugo adicada á venda ó por maior de complementos de moda dende hai unha década. Arredor dun 20% dos pedidos -de España e Portugal, sobre todo- fanse a través da páxina web. www.masque2.com
>>Internet, cada vez máis empregada para a venda por catálogo
Os clientes que compran a través de catálogos colgados da Rede son cada vez máis numerosos, segundo un informe presentado pola Asociación estadounidense de Marketing Directo (DMA) no Congreso Anual sobre Catálogos.
>>Dende o 1 de xullo tódalas empresas pagarán o IVE polas vendas on line na UE
O 1 de xullo entra en vigor a nova normativa que regula o Imposto do Valor Engadido (IVE) aplicable a algúns servicios prestados por vía electrónica na UE. Esta normativa tenta potenciar o comercio-e europeo obrigando ás compañías de fóra da UE a pagar un imposto do que antes estaban liberadas.
>>Os supermercados virtuais gañan terreo en cidades como Nova York
As perspectivas de futuro dos supermercados on line melloran. Segundo un estudio, os consumidores estadounidenses gastarán neste ano máis de 2.000 millóns de dólares en comestibles mercados pola Rede. Os supermercados virtuais das grandes cidades serán os grandes beneficiarios.
>>O Centro de Competencias impartiu un taller para xóvenes empresarios en Vigo
O Centro de Competencias impartiu un taller de comercio-e para membros da Asociación de Xóvenes Empresarios de Vigo, ó que asistiron arredor de 15 persoas. Durante o evento, tratáronse aspectos introductorios ó comercio electrónico, como montar unha tenda-e ou aspectos legais do negocio on line.
>>O director de TI da NASA falará para empresarios en Compostela
O mércores 18 de xuño, o director de Tecnoloxías da Información (TI) da NASA, Paul Strassman, dará unha conferencia co título "¿Sabemos como as tecnoloxías da información incrementa os beneficios das empresas?" A conferencia terá lugar na Fundación Caixa Galicia.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>O 37,1 por cento dos fogares galegos contan con ordenador
Segundo o informe e-Barómetro 2002 de usuarios, o 37,1 por cento dos fogares galegos contan con ordenador persoal, unha cifra por debaixo de países como Alemaña, no que unha de cada dúas casas teñen PC persoal. As causas que argumentan os galegos para non mercar ordenador é que "non o necesitan" (60,9%).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>Entrevista a Jorge Barreiro, xefe de Informática de Turgalicia
Jorge Barreiro di nunha entrevista con e-negociogalicia que "a rapidez e a comodidade" son as principais vantaxes de comercializar a través da Rede. Turgalicia é unha empresa dependente da Xunta que promociona o turismo na nosa comunidade. A través da súa web, o ano pasado chegaron case 6.000 e-mails pedindo información. www.turgalicia.es
|
|
|
|
|
|
|
|
|