|
Boletín de Comercio Electrónico 26-05-03 |
|
>>A Praza de Abastos de Compostela estrea o seu "mercado virtual"
En www.mercadodeabastosdesantiago.com os clientes poden dar un paseo virtual, comparar prezos e mercar productos da nova praza electrónica compostelana, que nas próximas semanas engadirá máis tendas e contidos.
>>Cefrico ultima a súa incorporación ó comercio electrónico
O Centro Frigorífico Conserveiro (Cefrico), está a ultimar a súa incorporación ó ámbito do negocio electrónico galego. Dende a súa web, www.cefrico.es, esta empresa arousana ofertará proximamente servicios de comercio electrónico ós seus clientes a través dunha extranet.
>>Portugalicia.org potencia o sector turístico galego e do norte de Portugal
A páxina impulsa na Rede o sector turístico do Eixo Atlántico, ofrecendo a calquera empresa adicada á hostelería, independentemento do seu tamaño, a posibilidade de ter o seu propio espacio en Internet.
>>Os supermercados virtuais gañan terreo en cidades como Nova York
Os consumidores estadounidenses gastarán neste ano máis de 2.000 millóns de dólares en comestibles mercados pola Rede, segundo un estudio de Jupiter Research. Os supermercados virtuais das grandes cidades serán os grandes beneficiarios.
>>A web do Centro de Competencias estrea unha sección de Cooperación
Este novo espacio nace co obxectivo de converterse nunha canle de comunicación entre as empresas e institucións, galegas ou foráneas, que queiran participar en proxectos de cooperación converxentes cos obxectivos do Centro de Competencias.
>>Derradeiro curso de comercio electrónico en Ourense
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico pecha o seu programa de formación en comercio-e en Ourense cun curso gratuíto que terá lugar os días 10, 11 e 12 de xuño. Está dirixido a empresarios e persoal de PEMES, que poden realizar as súas inscricións en: www.e-negociogalicia.com
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>O 12% das empresas galegas fixeron comercio-e no 2002
Segundo o informe e-Barómetro Empresas, no 2002 o 12 por cento das empresas galegas tiraron proveito do comercio electrónico. Esta cifra inclúe tanto as empresas que fixeron B2C (negocio cara ó consumidor final) como as que fixeron B2B (negocio entre empresas).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>Motovespa.com: recambios de Vespas na Rede
Motovespa é unha empresa ubicada en Vigo adicada á venda de motos e recambios, que decidiu comercializar os seus productos a través da Rede. Agora recibe pedidos de toda España, especialmente de Cataluña, e de Sudamérica. A web é rendible e vai camiño de aumentar beneficios. www.motovespa.com
|
|
|
|
|
|
|
|
|