Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 05-05-03
>>Os gandeiros poderán mercar embrións de vacún nunha web galega
Gracias a esta iniciativa da Unidade de Transferencia Embrionaria (UTE-BOS), un sector tradicional da economía galega introdúcese na nova canle de negocio que é Internet. A partir de agora os gandeiros poderán mercar a través da Rede e nunha páxina galega os embrións de mellor calidade do mundo.

>>A páxina galega e-futgol comercializa os seus productos en As.com
e-futgol.com continúa coa súa estratexia de crear "franquicias" na Rede. Có acordo con As, que en marzo recibíu máis de 3 millóns de visitas [?] na súa web, e-futgol presta os seus servicios de tenda virtual ó diario dixital a cambio dunha comisión por artigo vendido.

>>Os comerciantes de Santiago estrean un portal no que proxectan vender on line
www.comercioacotes.com é o portal [?] que inclúe 250 webs dos comercios pertencentes a Acotes (Agrupación de Comerciantes de Santiago). Agárdase que nun futuro próximo esta iniciativa ofreceza a posibilidade de mercar pola Rede.

>>A empresa galega Visual Publinet desenvolve unha web de camisería a medida
A web de Tex a Medida, www.texamedida.com, desenvolvida pola empresa galega Visual Publinet, permite ó internauta mercar camisas adaptadas ós seus gustos. Presente en catro hipermercados Carrefour de España, é un exemplo de como as nosas empresas provedoras tamén venden os seus servicios fóra de Galicia.

>>A tenda on line de informática AreaPc acada os 4.000 euros en marzo
Areapc.com, tenda on line de informática, duplicou as súas vendas con respecto a marzo do ano pasado, cun ingreso de catro mil euros. A facturación total de Areapc durante o 2002 ascendeu a 7,1 millóns de euros, o que supuxo un incremento do 20% con respecto ó 2001.

>>O Centro de Competencias incorpora lexislación sobre comercio-e na súa web
A web do Centro de Competencias en Comercio Electrónico vén de incorporar unha nova sección adicada á lexislación existente sobre comercio on line. Esta páxina inclúe as leis máis relevantes tanto de ámbito nacional como europeo.

O DATO

>>2002: Aumentan nun 22,5% as empresas galegas conectadas a Internet por RDSI, ADSL e cable
No 2002, as empresas galegas conectadas á Rede por RDSI [?], ADSL [?] e cable [?] aumentaron nun 22,5% (ata o 66,6%) respecto ó ano 2000. Mentres, as conexións das PEMEs galegas por módem [?] descenderon sensiblemente entre o 2000 e o 2002, pasando do 53,6% ó 26,4%.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Terronbodas.com: organizar unha voda sen saír de casa
terronbodas.com é unha páxina na que os convidados a un enlace poden acceder ás listas de vodas, consultar os agasallos posibles e mercar o que máis lles convenza. Con este sistema, os noivos poden acceder en calquera momento á lista e saber que lles regalarán no día do seu casamento.

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista