O
Centro de Competencias en Comercio Electrónico
lanza con este nº0 o seu Boletín
de Novas de Comercio Electrónico.
Esta iniciativa, pioneira en Galicia, consiste
nun servicio de información gratuíto
e aberto que lle chegará vía
e-mail cada semana. O Boletín centrarase
nas noticias do comercio-e galegas, pero
tamén tratará novas de ámbito
nacional e internacional relacionadas cos
negocios en Internet.
O
Boletín de Comercio Electrónico
do Centro de Competencias tenta convertirse
nun referente da nosa comunidade neste eido,
como xa o é na versión impresa
a revista e-negociogalicia.